Segunda Fase na 3ª División

2ª xornada na fase definitiva para os ourensáns da terceira división

Os catro ourensáns xogan cómo locais. O Arenteiro recibe ó Polvorín, o Barco ó Fisterra, o Ourense CF ó As Pontes e a UD Ourense ó Viveiro

Onda Cero Ourense

Ourense | 09.04.2021 13:13

Segunda fase na terceira división galega
Segunda fase na terceira división galega | Onda Cero Ourense

Arenteiro, Barco e Ourense CF xogan o segundo partido da súa fase, a UD Ourense xogará o primeiro ó aplazarse o da pasada semana por casos de Covid-19 no seu rival, o Vista Alegre Estudiantil.

CD Arenteiro

O equipo de Fran Justo recibe ó Polvorín (filial de CD Lugo) o sábado ás 17:00 horas en Espiñedo. O Polvorín é o equipo que persigue a CD Arenteiro polo que unha victoria dos carballiñeses deixaría nunha posición moi privilexiada para acadar o ascenso directo á 2ª RFEF.

UD Ourense

Dos equipos que xogan no grupo de permanencia, o primeiro que saltará ó campo será a UD Ourense.

O equipo de Fernando Currás recibe o sábado ás 18:00 horas no campo do Couto ó Viveiro CF nun partido que parece fundamental para que os vermellos se acheguen a un dos equipos que está na parte alta da clasificación nesta fase da permanencia.

Polos micrófonos de Onda Vermella pasaron Gabi Sanín (centrocampista da UD Ourense), Oscar López (delegado da UD Ourense) e Jorge Paz que analizou a xornada no grupo de permanencia.

Asamblea de socios da UD Ourense

A Unión Deportiva Ourense ten unha segunda cita na fin de semana, neste caso coa súa asamblea de socios que será o domingo ás 10:45 horas en primeira convocatoria e as 11.15 horas en segunda convocatoria. A asamblea celebrarase nesta ocasión na bancada de preferencia do campo de O Couto.

CD Barco

O CD Barco recibe ó Fisterra o domingo ás 17:00 horas en Calabagueiros. Os de Iván González precisan a victoria para consolidarse na zona alta do seu grupo despois de empatar na primeira xornada como visitantes no campo do Paiosaco.

Ourense CF

Os de Rubén Domínguez serán os ultimos en saltar ó terreo de xogo esta fin de semana, será este domingo a partir das 17:30 horas no campo de O Couto onde recibirán o As Pontes. O equipo pontino ten que volver a recuperar a senda da victoria despois de comenzar perdendo na primeira xornada na súa visita ó Fisterra.