A fiscalía de Ourense ven de informar que solicita a confirmación da resolución recurrida e a desestimación do recurso interposto pola acusación particular, para seguir adiante coa acusación de prevaricación contra o Alcalde de Ourense, como plantexara inicialmente o Xuiz de Instrucción Leonardo Álvarez.
Interpretación distinta fai o concello que sinala ó través dun comunicado que a fiscalía ourensánon realiza acusación por prevaricación, no marco das Dilixencias Previas que se están a tramitar no Tribunal de Instancia de Ourense tras unha denuncia dun ex edil de democracia ourensana que o acusou de cobrar ingresos publicos e privados da sua tv sen pedir a compatibilidade do pleno . E que tamén o acusa de falsidade e malversación, algo que si rexeita o ministerio público.
Neste contexto, lembran que a fiscalia xa arquivara unha denuncia similar contra Gonzalo Pérez Jácome en 2025.

