Os equipos gañadores do desafío científico de Galiciencia de este ano propuxeron crear hoteis para insectos, elaborar un xogo para coñecer mellor as árbores e amosaron a problemática das talas masicas.
Participaron nesta aventura un total de 24 equipos, compostos en conxunto por 647 rapaces e rapazas pertencentes a un total de 34 centros educativos de toda Galicia.
Os participantes nesta feira científica escolar desenvolvida no parque tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas (Ourense), deseñan e construíron tamén un soporte para seus terminais móbiles e aprenderon a ler as historias que contan as árbores ó través dos seus anesis de crecemento.