ondacero.es
Ourense | 18.11.2013 14:32
Rematou o prazo de 48 horas que Esquerda Unida de Ourense deu á militante, Carmen Iglesias para renunciar a ocupar o escano parlamentario que deixará David Fernández Calviño de Anova. Hoxe mesmo iníciase a tramitación do expedente que podería concluir ca expulsión da organización. Así o confirmou o coordenador de Esquerda Unida en Ourense, José Manuel Guitiérrez que lamentou que Carmen Iglesias non só non se puxera en contacto co seu grupo senón que se adicase a facer declarcións ofensivas nos medios de comunicación
O coordenador de EU en Ourense, José Manuel Gutierrez amosou a sua convicción de que o caso de Carmen Iglesias vai obrirgar a facer restructuracións da coalición Age pero non debería facer perigar a alianza