A garda civil de Luintra en colaboración con axentes do subsector de Tráfico detiveron a dous veciños de Ourense de 47 e 44 anos como presuntos autores dun delicto de roubo con forza, tras ser sorprendidos con varios efectos que foran sustraídos dun almacén sito en A Derrasa (concello de Pereiro de Aguiar).
Os axentes foron advertidos por unha chamada telefónica, sorprendendo ós presuntos autores foron detidos cando fuxían a pé.

