O equipo Roca da Garda Civil de Ourense detivo a un veciño da cidade de 45 anos como presunto autor dun delicto de estafa.
A detención deriva dunha denuncia presentada no cuartel de Nalda, na Rioja, na que un cidadán explicou que tras ter abonado 66.600 euros pola compra de un turismo e unha caravana, os mesmos non lle foron entregados.
A Garda Civil incautou ambos vehículos cando o detido dispoñíase a pasa-la revisión de ITV en Ourense.
O detido ten outras dúas imputacións por estafa en xulgados de Logroño e Badajoz.

