8M

A Deputación de Ourense homenaxea ás costureiras

Personifica a homenaxe en Julia Feijoo

Paco Sarria

Ourense |

A Deputación de Ourense homenaxea ás costureiras
A Deputación de Ourense homenaxea ás costureiras | Onda Cero

A Área de Igualdade da Deputación de Ourense, que dirixe a deputada provincial Teresa Barge, inicia o ano 2026 dando continuidade ao programa “8M, mes a mes” cunha homenaxe a unha profesión historicamente feminizada e fundamental para a vida social e económica da provincia: a das costureiras. Baixo o lema “puntada a puntada, cosendo igualdade”, a institución provincial pon en valor o traballo artesanal, a creatividade e a capacidade de adaptación dun oficio que evolucionou co tempo sen perder a súa esencia. Esta primeira acción do ano céntrase no recoñecemento ás mulleres que fixeron da agulla unha ferramenta de vida, liberdade e identidade, destacando tamén o papel da costura como elemento de sustentabilidade, de preservación das tradicións e de creación de comunidade fronte á produción masiva. Como figura representativa desta homenaxe, a Deputación escolleu a Julia Feijoo Casal, veciña de Celanova, onde se formou desde moi nova e desenvolveu a maior parte da súa traxectoria profesional. Julia aprendeu a coser con tan só catorce anos e, co paso do tempo, ampliou a súa formación en patronaxe na cidade de Ourense, chegando a abrir o seu propio taller, no que realizou desde prendas de uso diario ata vestidos de noiva, traxes de comuñón, bautizo e confeccións a medida para numerosas veciñas da contorna