O Concello de Ourense licitará nas próximas semanas as ramplas mecánicas do barrio de A Cuña, con un investimento previsto de 5 millóns de euros.
Para o Alcalde será un “megaproxecto transformador” para este barrio da cidade que “mellorará a calidade de vida e revalorizará a zona”.
O proxecto contempla un total de cinco ramplas que salvarán a forte pendente existente entre a rúa Vasco Díaz Tanco, dende a Avenida de Zamora, ata a cima da rúa máis aló do centro de saúde do barrio.