O Tribunal do Contencioso Administrativo ven de declarar o cese da ex tesoreira municipal do Concello de Ourense, Belén Rodríguez Tourón, nulo e sen efecto.
Fora cesada en xaneiro do 2024 polo Alcalde, quen se refería a ela como “tiquis miquis” pese a que o Ministerio de Hacienda defendía a súa xestión por cumprir coa normativa.
O fallo condena ó Concello á reincorporación da recurrente no seu posto na Tesourería Xeral, con tódolos efectos económicos e administrativos que se deriven incluídas as compensacións dos haberes que procedan.
Nos fundamentos de dereito o xuiz advirte da ausencia de informe preceptivo emitido polo xefe de dependencia, sen que o do Coordenador Xeral, Francisco Cacharro (posto direcivo) poda asumir unhas función de informe-proposta, propias da condición dun funcionario público (como non é o caso).
As costas do proceso serán satisfeitas pola administración local en 500 euros e contra o fallo cabe recurso de apelación na sala do Contencioso do TSXG que xa foi anunciado polo goberno local de Democracia Ourensana.

