O comercio adianta as rebaixas tras outra mala tempada

O comercio adianta ás rebaixas tras outra mala tempada

ondacero.es

Ourense | 23.06.2014 09:30

Rebajas comercio
Rebajas comercio | Onda Cero

A tempada de rebaixas é cada ano máis longa. A liberación das datas nas que os comercios poden ofrecer os seus produtos a menor prezo está a provocar que xa non haxa que esperar aos clásicos 7 de xaneiro ou 1 de xullo para poder comprar máis barato. Proba diso é o que está a acontecer a capital. Aínda falta unha semana para que comece o mes de xullo pero o pasado venres moitos establecementos da cidade, sobre todo as grandes superficies do sector téxtil, xa colgaron nos seus escaparates o cartel de rebaixas e comezaron a vender a súa mercadoría con descontos de ata o 50%, o que animou moitos compradores a gastar algo de diñeiro ou, polo menos, a pescudar. Hoxe algunhas máis seguiranlles os pasos.

Son tamén moitos os comercios que aproveitan a última quincena de xuño para ofrecer aos seus clientes máis habituais a posibilidade de adiantarse e adquirir produtos con prezos máis baratos. Todo despois dun primeiro semestre no que os comercios trataron de dinamizar as vendas con todo tipo de reclamos como os descontos polo día do pai ou da nai, ou os que se acollen á denominada mid-season. O que sexa para tratar de recuperarse doutra mala tempada de vendas.