A Festa da Empanada de Allariz, dende este venres e ata o domingo foi un dos argumentos centrais do espacio "Se nos va la olla", con Paco Sarria e Rubén Amorín. Falamos do evento co concelleiro de cultura do concello alaricense Alberto Conde. Haberá un día para a degustación de empanadas e outro para o xantar popular.
Asemade contactamos con Senén Guitián, da adega valdeorresa A Tapada, de Rubiá, para felicitalos polo premio do Ministerio de Agricultura ao godello "Guitián Fermentado" como o mellor branco.
Tamén tivemos uns minutos musicais con dúas xóvenes ouvintes: Vega e Noa.