Ourense Cidade

Adxudicada a instalación, mantemento e retirada do alumeado de Nadal 2018

A montaxe de todos os elementos comezará nas vindeiras horas para que o acendido se poida producir nos próximos días

ondacero.es

Ourense | 29.11.2018 09:30

plaza concello de ourense
plaza concello de ourense | onda cero ourense

O Concello de Ourense vén de adxudicar, mediante procedemento aberto e simplificado, o contrato de instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2018- 2019 por un importe de 97.487,28 € (80.568 € máis 16.919,2 € en concepto de IVE), un 10% máis que o pasado ano. Esta resolución prodúcese en xunta de goberno local extraordinaria celebrada esta mañá.

A empresa adxudicataria do contrato será Creaciones Luminosas S.L., e o pagamento efectuarase distribuído nas seguintes anualidades: 20.000 € en 2018, e 77.487,28 € en 2019.

“A montaxe de todos os elementos comezará de inmediato para que o acendido se poida producir nos vindeiros días”, aseguraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, logo da adxudicación. “Estamos traballando para que esta cidade volva ser un referente do Nadal en Galicia”, engadía o rexedor, que avanzaba que “nas vindeiras datas presentarase unha completa programación de actividades de Nadal de forma transversal”, dixo, “implicando a todos os departamentos do Concello de Ourense”.”

Un ano máis, increméntase o número de elementos decorativos na cidade, que constará de 413 unidades entre arcos, rótulos, conxuntos luminosos, ou fachadas de edificios singulares. A empresa adxudicataria traballa actualmente, en palabras do alcalde de Ourense, na preparación de todos os recursos co gallo de que a iluminación estea presente nas entradas á cidade, prazas, glorietas e en todos os barrios.

Neste sentido, o alcalde insistiu en que “este nadal as luces abarcarán moitisimas máis rúas que o ano pasado” e que a ampliación farase especialmente visible nos accesos a Ourense, que incorporarán rótulos de Boas festas, así como pola iluminación nos barrios da cidade.