con Marta Rodríguez

Noticias Mediodía Galicia 03/12/2018

David Bruzos e Luis Villares queren rebaixar a tensión. Unha tensión vivida nas últimas horas tras deterse a votación interna para elexir os dirixentes de En Marea. Fixeronno como o fan, nos útimos tempos, todo en En Marea. Con acusacións mutuas e cruce de comunicados á prensa culpándose uns a outros. Villares explica, agora, que se detectou un fallo no sistema de votación. Sin embargo escoitaronse insinuacións e acusacións de manipulación do censo electoral. Villares, que podería perder a portavocía de En Marea, dí que deter a votación foi a solución menos mala. David Bruzos, o seu oponente interno, mantén que hai que borrar das súas cabezas as acusacións recibidas. O alcalde de Santiago Mariño Noriega advirte: o lío montado non sairá gratis porque a cidadanía non o entende.