Con Manola Porto

MÁS DE UNO MONFORTE 19/11/2020

Programa completo de Más de uno 19/11/2020

Manola Porto

Monforte de Lemos | 19.11.2020 14:44

Baixan os contaxios por Covid en Monforte e rebáixase o nivel de alerta. Repasamos situación coa tenente alcalde Gloria Prada. A covid marca tamén o programa dos actos do 25 de Novembro que repasa a concelleira de Igualdade Margarita López. Antes, abrimos programa felicitando a Nemesia Fernández, veciña de Pantón que cumpre 108 anos e falamos cunha das netas. O investigador Felipe Aira, cóntanos a historia da coñecida como Casa do Capitán. Entrevistamos ao coordinador do Banco de Alimentos de Monforte, Juan Luis Cortiñas, que nos conta como podemos este ano sumarnos á campaña de recollida de alimentos. Conversamos co alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, onde hoxe representantes do goberno galego supervisaron obras de mellora enerxética que financiaron no citado concello. Mentres a Conselleira Ángeles Vázquez asina en Sober un novo convenio que posibilita poñer en marcha máis intervencións na área de rehabilación. Conversamos tamén co voceiro do grupo provincial do PP, Javier Castiñeiras, e escoitamos á voceira deste grupo en Monforte, Kati Varela, que reclama ao goberno local cambios nas bases das axudas para crear empresas.