O rexidor de Paderne quere quitar dramatismo á recomendación que enviaron dende o Concello á veciñanza. "Non é que en Paderne non teñamos auga. Chamamos a que se consuma a auga con sentidiño".
Esta mensaxe e a correspondente recomendación ven dada, porque segundo Sergio Platas "detectamos un consumo que aumentou con relación a outros meses anteriores. E a xullo de 2024. Sacamos unhas recomendacións para evitar os excesos . Chamamos ós veciños a que fagan un consumo responsable no ámbito domiciliario, que é a primeira reserva que temos".
E despois viñeron as inspeccións que constataron que había diferentes lavados para facer fronte á vaga de calor destes días que confirmaban ese incremento do consumo de auga.
"Non temos un concello turístico nin que aumente a poboación. É certo que estes días hai festas. Nin creo que sexa por encher piscinas que xa deben estar cheas a estas alturas do ano. Creo que é máis unha cuestión de riegos, de baldeos, de refrescar, de lavado de coches. Estamos controlando e vemos que os valores se manteñen, pero preferimos facer unha chamada e avisar á poboación", sinala Diego Platas.
O Concello de Paderne ten unha poboación de 2.500 habitantes e despios de 24 anos con César Longo como alcalde, Sergio Platas tomou o relevo, co obxectivo de actualizar o Plan Urbanístico para que o Paderne poida seguir medrando.
