Este sábado en ExpoCoruña

Gonzalo Castro: "O Exporock nace para converterse nunha referencia no panorama galego e tamén estatal"

En Expocoruña dan este venres os últimos retoques para ter todo preparado de cara a xornada de rock que se vai vivir este sábado coa primeira edición do Exporock. Pola mañán, a partir das 12:30 actuarán Agoraphobia e Talco. E pola tarde, dende as 16:30 horas, chegará o turno de Ciclonautas, El Drogas, MClan, Soziedad Alkoholika, con Obús pechando a xornada.

Entre 3500 e 4.000 rockeiros vivirán un festival promovido polo Concello da Coruña e que nace co afán de converterse nun referente galego e español, como destacaba o concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro.

Alberto Gómez Barros

A Coruña |

Presentación de Exporock en Expocoruña