A CIGA fai un peche sorpresa na sé dos empresarios da Coruña e manifestación en Santiago de Compostela o próximo domingo
Peche sorpresa duns 20 delegados sindicais da CIGA, co seu secretario Xeral Paulo Carril á fronte, na sé dos empresarios da Coruña. O peche comezou sobre as 11 e rematou, pacíficamente, duas horas máis tarde. Iso sí, ate a sé empresarial achegáronse efectivos da Policía Nacional para proceder ó desaloxo, pero non foi necesaria a sua intervención.
A CIGA segue protestando pola falta de unidade de acción sindical, culpando aos sindicatos UXT e CCOO, á hora de tentar negociar e acorda-lo convenio para o transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña. Ernesto López é o delegado sindical da CIGA. O próximo acto de protesta convocado pola CIGA será unha manifestación en Santiago de Compostela o vindeiro domingo, 22 de febreiro, con saída dende a Estación Intermodal.
A Policía Nacional acudiu á sé dos empresarios coruñeses, pero non fixo falta a sua intervención, porque houbo desaloxo pacífico
