Festas os días 8, 9 e 10 de maio

O Barrio das Flores recupera esta fin de semana a tradición dos Maios

O Barrio das Flores quere recuperar vellas tradicións e unha delas é a festa dos Maios. Hoxe foron presentadas estas festas polo concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, amosando o apoio do Concello a unhas celebracións que veñen abandeiradas por un cartel creado polo artista do barrio, Alejandro Mosquera. E pola organización na que está á fronte David Pujades, que lembrou como cita destacada a celebración popular que vai ter lugar o vindeiro sábado, coa colaboración dos colexios María Pita e Ramón de la Sagra. Tamén haberá velada de boxeo e actuación musical de Emilio Barrul.

Alberto Gómez Barros

A Coruña |

Gonzalo Castro, con Alejandro Mosquera e David Pujades