Na Cidade da Cultura desenvolveuse o maior encontro mundial de vehículos non tripulados. 70 empresas, as compañías tractoras da industria aeroespacial, e un total 120 poñentes visibilizaron un sector que creceu durante a pandemia. De feito é a área onde máis empresas naceron.
O polo aeroespacial de Rozas é unha das candidaturas incluidas nos fondos Next Generation. Ata o momento neste polo desenvolvéronse 655 solucións tecnolóxicas, 60 xa están no mercado.