Temas

Falando de Galicia para Galicia

Falando de Galicia para Galicia

Falando de Galicia para Galicia

Cultura

O Compás de La Brújula de Galicia

No Compás do xoves 23 de marzo falamos de Picasso e A Coruña con Luis Llera, dos taboleiros barrocos "do xogo das leiriñas" de Santiago de Compostela e da Festa da ostra de Soutomaior con Susana Pedreira. A música veu da mán de MouQup e de Ruxe-Ruxe

turismo

Chegan os catamaráns eléctricos á Ribeira Sacra sen ter onde enchufalos

Arredor de 150.000 persoas navegan cada ano polos canóns da Ribeira Sacra a bordo de catamaráns de gasóleo. Os empresarios que están facendo o cambio ao eléctrico aseguran que non teñen onde enchufalos.

Sensación de estar "comezando a casa polo tellado" dín os empresarios con embarcacións turísticas no Miño e no Sil.

Crónica de Manola Porto para La Brújula de Galicia

Cultura

"Fuxan os Ventos, 50 anos de historia.1972-2022"

O grupo lucense iniciaba andaina en 1972 no seo do Colexio Menor do Santísimo Sacramento de Lugo. Participaba co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema "Fuxan os ventos". A partir de entón adoptaron este nome.

Afundación de Compostela acolle a exposición sobre os 50 anos do grupo. Hai menos dun mes "os Fuxan" perdían a un dos seus membros históricos Moncho Díaz que falecía con 70 anos.

8M

Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo

O Arquivo de Galicia recolle nunha mostra fotografías, diagnósticos e historias clínicas das mulleres ingresadas no Hospital Psiquiátrico de Conxo inaugurado en 1885. Recolle a historia de algunhas destas mulleres que foron tratadas como "tolas" por comportamentos que transgredían o rol de xénero e que se consideraba enfermidade mental na época.