Entrevista á conselleira de Medio Ambiente na Brújula de Galicia

Ángeles Vázquez afirma que «chegaremos ata o final» no pulso co Ministerio sobre o lobo

PP e PSdG uníronse no Parlamento galego para rexeitar o posicionamento do Ministerio de Transición Ecolóxica en torno ao lobo. Na Brújula de Galicia de Onda Cero Galicia a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, lamenta que o BNG votase en contra. «Chegaremos ata o final e agardamos que o Ministerio recapacite», dí a conselleira, quen lembrou que o posicionamento de Galicia é compartido polo resto de comunidades que aglutinan a meirande poboación de lobo. Tamén agarda sensibilidade por parte de Transición Ecolóxica ao respecto da solicitude da Xunta de xestionar o dominio público marítimo-terrestre. A conselleira de Medio Ambiente explicounos no programa os proxectos medioambientais cos que Galicia pretende captar 122 millóns de euros dos fondos europeos de recuperación.

ondacero.es

Galicia | 16.02.2021 20:37