Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

26/01/2016 14:19

Pontevedra en la Onda (26-01-2016)

A actualidade está marcada pola concesión da prórroga a Ence e recollemos no programa as diferentes reaccións na cidade. No tempo de almorzo informativo, desde a Cafetería Pasaje de Pontevedra, conversamos co portavoz municipal do PP, Jacobo Moreira. E, como cada martes, facemos unha paréntese na actualidade coa visita de Mercedes Corbillón e as recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

17/11/2015 14:16

Pontevedra en la Onda (17-11-2015)

As candidaturas do PSdG e de Nós-Candidatura Galega son hoxe protagonistas no programa coa presentación dos cabezas de lista socialistas en acto público e co almorzo informativo ao que convidamos a Carme Adán, candidata de Nós pola provincia de Pontevedra. Ademais, como cada martes en Pontevedra na Onda é o día da librería coa visita de Mercedes Corbillón desde Cronopios

Onda Cero Pontevedra

27/10/2015 14:23

Pontevedra en la Onda 27-10-2015

Repasamos a actualidade da xornada coas novidades en torno ao último caso de violencia machista en Pontevedra e o balance de 100 días de novo goberno na Deputación provincial. Como cada martes escoitamos á irreverente Dina Mita e no temos novo almorzo informativo: hoxe convidamos á deputado do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila. E unha semana máis ampliamos as nosas biblilotecas particulares coas recomendacións Cronopios de Mercedes Corbillón

Onda Cero Pontevedra

29/09/2015 14:12

Pontevedra en la Onda 29-09-2015

A "batalla dos lombos" en Pontevedra centra a nosa atención no inicio do programa en torno á primeira asemblea veciñal que hoxe organiza o goberno local en Monteporreiro e as críticas do PP que asistirá a ese encontro a pesar de non estar convidados formalmente. No tempo do almorzo informativo conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Recibimos a visita de Mercedes Corbillón con novas recomendacións cronopios, e recuperamos a sección musical "Cántamo... en galego!" que onte luns non puidemos emitir

Onda Cero Pontevedra

02/07/2015 11:12

Pontevedra en la Onda 30/06/15

O posible peche dunha unidade de infantil no CEIP Barcelos e os novos convenios entre Concello de Pontevedra e FANPA centran a nosa atención no inicio de programa, ademais repasamos a actualidade comarcal e damos voz á irreverente Dina Mita. No tempo do almorzo informativo conversamos co portavoz de Marea Pontevedra, Luis Rei. E, como cada martes, incorporamos á nosa biblioteca novas recomendacións Cronopios da man de Mercedes Corbillón