Gente Viajera de Galicia

Onda Cero Galicia

19/01/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (19-01-2018)

Primeira viaxe deste 2018 que nos leva ata FITUR para presumir de Galicia co Cluster de Turismo e visitando as Illas Cies e a cidade da Coruña. Percorremos o mundo a través da radio na compañía dunha galega viaxeira: a escritora viguesa María Oruña.

Onda Cero Galicia

12/01/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (12-01-2018)

Primeiro programa do ano e estaremos moi ben acompañados, coñecemos an novidades da Revista Pincha, unha viaxeira de conto "maruxaina y su mochila" nos visita para iniciar novas viaxes, falamos da Festa do Botelo e marcamos axenda para esta fin de semana.

Onda Cero Galicia

18/12/2017 14:18

Gente Viajera de Galicia (15-12-2017)

Viaxamos por Galicia facendo paradas en Cambados e Vilagarcía para comer na Fonte do Viño e divertirnos nunha nova edición de Fexturrón. Escoitamos os "Murmullos entre maletas" de Ana Otero, que este venres nos leva ata os mercadiños de Nadal de Alemaña. E, compensamos o frío xermano coa calor de Río de Janeiro: ata Brasil nos leva o cantautor Gustavo Almeida

Onda Cero Galicia

04/12/2017 13:41

Gente Viajera de Galicia (01-12-2017) Culturgal 2017

Viaxamos esta semana ata o corazón do Culturgal. Escoita aquí a edición especial do programa deste venres, en directo desde a Feira das Industrias Culturais de Galicia no recinto feiral de Pontevedra

Onda Cero Galicia

27/11/2017 11:51

Gente Viajera de Galicia (24-11-2017)

México é o destino ao que nos levan esta semana as galegas viaxeiras que nos visitan: a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, e a coordinadora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Eva Mejuto. Ademais, percorremos Galicia facendo parada en Lugo e en Compostela e, como cada último venres do mes, temos "cuchipanda" cos mozos de Polo Correo do Vento, Carlos Taboada e Quique Mauricio

Onda Cero Galicia

20/11/2017 11:46

Gente Viajera de Galicia (17-11-2017)

Viaxamos por Galicia desde Muras, na provincia de Lugo, ata Muxía, na provincia da Coruña, pasando por Compostela para organizar unha visita gastro-cultural con Rebeca Munín, directora da Revista Pincha. Polo mundo andaremos con dous galegos viaxeiros: Manu Lourenzo e Luís Pereiro, mestres no IES Luís Seoane de Pontevedra

Onda Cero Galicia

13/11/2017 12:26

Gente Viajera de Galicia (10-11-2017)

Visitamos as provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña para percorrer a Ruta do Viño Rías Baixas, descansar nun entorno natural único no Bosque da Fervenza e desfrutar das citas musicais que ofrece Compostela esa fin de semana. De viaxe polo mundo andaremos con dúas galegas que aparcaron as súas vidas oficiais durante un ano para vivir entre Myanmar, India e Nepal: Miriam e Marta volveron, despois dun ano, facendo a ruta francesa do Camiño de Santiago

Onda Cero Galicia

09/11/2017 13:32

Onda Cero Galicia

09/11/2017 13:32

Gente Viajera de Galicia (03-11-2017)

Repasamos a actualidade viaxeira da semana e conversamos co música galego nominado aos Grammy Latinos, Daniel Minimalia. Perdémonos con Ana Otero nos seus "Murmullos entre maletas" e marcamos unha axenda cultural, gastronómica e de ocio para desfrutar de Galicia.

Onda Cero Galicia

24/10/2017 11:04

Gente Viajera de Galicia (20-10-2017)

Este venres percorremos Galicia para desfrutar da paisaxe, a cultura e a gastronomía ao tempo que lle rendimos homenaxe trala vaga de lumes. Visítanos unha galega viaxeira que acaba de publicar o seu primeiro disco: Andrea Pousa. Estamos na Ribeira Sacra para participar na programación "A caída da folla", e no Grove para participar no showcooking solidario da man de Javier Olleros.

Onda Cero Galicia

17/10/2017 17:33

Gente Viajera de Galicia (13-10-2017)

Compostela, Nova York, Cangas, Cuba e Meis son os destinos escollidos para a viaxe deste venres en plena ponte festiva. Rebeca Munín, directora da Revista Pincha, fai con nós plans por Santiago comendo en A TAFONA de Lucía Freitas e visitando Nova York, onde a chef galega coordina a cociña dun restaurante galego. Ata Cuba nos leva a canguesa Sara Alfaya cunha carta familiar baixo o brazo