AVANCE NOTICIAS MEDIODÍA

Descende a hospitalización, aumentan as mortes e os contaxios

Os contaxios volven a incrementarse tras 523 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas. Descenso nos casos activos, hoxe 315 menos.

Un total de 15 persoas faleceron por coronavidurs nas últimas 24 horas, co que o número total de vitimas da pandemia en Galicia sitúase en 1.039 persoas.

ondacero.es

Santiago de Compostela | 12.11.2020 12:37 (Publicado 12.11.2020 11:35)

Descenso na hospitalización. Temos 90 persoas na UCI, son 5 menos nas últimas 24 horas. E hai 514 pacientes con covid nas plantas dos hospitais, son 2 menos que na xornada de onte. Tamén descenso no número de casos. O número de infeccións activas de coronavirus baixou na última xornada ata as 9.554 persoas en Galicia, 315 menos ca no anterior reconto. O descenso prodúcese en todas as áreas sanitarias de Galicia. Mais, pola contra, sigue aumentado as persoas mortas. A cifra de falecementos continúa crecendo. Un total de 15 persoas falecero por coronavidurs nas últimas 24 horas, co que o número toal de vitimas da pandemia en Galicia sitúase en en 1.039 persoas.