Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (06-08-2019)

O inicio das festas da Peregrina concentran parte do programa: cambios de tráfico e a resaca da celebración das peñas concentran a atención da Policía Local de Pontevedra. Conversamos con Manuel Omil, o portavoz deste corpo. Nesta liña, pulsamos a valoración de Miguel Lago, presidente de Zona Monumental, sobre o efecto das festas no centro histórico. Tamén, analizamos os últimos datos de trafico sobre os positivos rexistrados na Festa do Albariño. Sobre o varamento de golfiños na ría da Arousa falamos con biólogos do CEMMA. Pechamos coas recomendacións literarias de Cronopios.