Máis de Un Pontevedra

Pontenciencia: as investigacións gañadoras do CIFP Montecelo

Recibimos a visita de Saleta González e do CIFP Montecelo para coñecer as investigacións gañadoras na categoría de xoves investigadores: “Coñecer para previr” e “El dulce dilema ¿miel del panal o del supermercado?”

Susana Pedreira

Pontevedra |

Pontenciencia é un proxecto que leva máis dunha década fomentando o pensamento crítico na nosa cidade e aproximando unha visión dinámica e atractiva da investigación, a ciencia, a tecnoloxía e a innovación a públicos non vinculados profesionalmente co sector. Un proxecto da Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía – Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a sección no programa "Máis de Un Pontevedra".