Entrevista electoral

Lores: “Traballar pola saúde pública é o que sempre quixen facer e agora os meus pacientes son a cidade de Pontevedra”

Citámonos co candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na cafetería El Pasaje para coñecelo máis de cerca á marxe do seu programa electoral. Descubrimos que leva quince anos tratando as apneas de sono e que agora durme moi ben cada noite. Confesa que está moi orgulloso dos pais que tivo e que cada vez que se mira ao espello ve que se vai parecendo máis a seu pai. Durante a conversa, toma con Susana Pedreira un café con leite e sacarina que el mesmo pediu para compartir con ela.

Redacción

Pontevedra | 25.05.2023 14:28

Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira desde a cafetería El Pasaje de Pontevedra.