Temas

Miguel Anxo Fernandez Lores

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 13/03/2024

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e buscando a información do tempo para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, falamos de ciencia e investigación con Saleta González, responsable técnica de Pontenciencia e Margarita Lema, doutora en Bioloxía e investigadora na Misión biolóxica de Galicia.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 28/12/2023

Abrimos o programa coas novas do día e conversando co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, tomamos a última antes de marchar: tres mulleres empresarias de diferentes sectores son hoxe as nosas convidadas.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 13/10/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e resumindo en sons e palabras a actualidade pontevedresa da última semana. Buscamos a previsión metereolóxica e recibimos a visita de Rodrigo Cota para comentar os asuntos que son noticia. Ademais, como cada venres, completamos o programa cunha completa axenda cultural, de ocio e festiva para gozar da fin de semana.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 02/10/2023

Abrimos o programa coa actualidade da xornada e coñecendo unha nova muller deportista no espazo semanal “Educanco en Igualdade”. Conversamos co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e falamos do mundo do motor con Abel Millán. Completamos o programa con “Cántamo… en galego!” e Guadi Galego como artista convidada.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 04/07/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Alfonso Martínez. Como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal: hoxe o noso convidado é o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Completamos o programa co espazo Cronopios e a visita de Vicente Vallés en colaboración coa UNED Pontevedra.

Entrevista electoral

Lores: “Traballar pola saúde pública é o que sempre quixen facer e agora os meus pacientes son a cidade de Pontevedra”

Citámonos co candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, na cafetería El Pasaje para coñecelo máis de cerca á marxe do seu programa electoral. Descubrimos que leva quince anos tratando as apneas de sono e que agora durme moi ben cada noite. Confesa que está moi orgulloso dos pais que tivo e que cada vez que se mira ao espello ve que se vai parecendo máis a seu pai. Durante a conversa, toma con Susana Pedreira un café con leite e sacarina que el mesmo pediu para compartir con ela.

PROGRAMA COMPLETO

Más de Uno Pontevedra 25/05/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e con entrevista electoral desde a Cafetería El Pasaje co candidato do BNG á alcaldía de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores. Como cada xoves, comentamos a actualidade coa mirada de Rodrigo Cota e tomamos a última antes de marchar: a farmacéutica Paula Alonso é hoxe a nosa convidada.