Os socialistas de Lobios denuncian a inacción da Alcaldesa, Carmen Yañez, para habilitar a consulta do novo médico do centro de saúde.
Para o voceiro socialista neste concello, Patrick Rodríguez, o concello debe de deixar de xogar coa saúde dos veciños e proceder ás reformas necesarias para a incorporación do anunciado novo facultativo.
Rodríguez critica que a rexidora manteña paralizada a readaptación das instalacións sanitarias necesarias para a chegada do médico, malia estar anunciada para este mes.
Explica o edil que a Alcaldesa vive na cidade, que fai vida nela e que lle da igual a sorte do Concello.

