Datos paro

O paro descende en Ourense no mes de abril

Por sectores o maior descenso prodúcese en servicios con 333, seguido da construcción con 34 e a industria con 27.

Paco Sarria

Ourense | 06.05.2024 10:19

O paro descendeu en abril na provincia de Ourense en 432 persoas, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Trabajo y Economía Social. No resultado non incide a celebración de Semana Santa conforme a tendencia tamén positiva no resto de España.

Tanto a nivel nacional como a nivel autonómico os datos son considerados históricos.

Na provincia de Ourense son 1239 parados menos que no mesmo mes do ano anterior, co que o volumen de parados queda agora en 16.119, anque o mellor dato histórico provincial hai que atopalo en setembro do 2004 con 16.074.

Por sectores o maior descenso prodúcese en servicios con 333, seguido da construcción con 34 e a industria con 27. No sector servicios foron asinados en total perto de tres mil contratos.

Asemade subre a afiliación a Seguridade Social con 439 máis que en abril e 1218 máis que no mesmo mes do ano anterior co que a cifra total de cotizantes acada os 104.183.

Repuntan lixeiramente os autónomos con 105 máis. En Galicia tamén descendeu o paro coa cifra máis baixa de parados dende 1996.