Feira de Artesanía

A Xunta destaca o valor engadido da marca Artesanía de Galicia

O delegado territorial, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia,

Elena Fabeiro, visitaron a 25 edición da Feira de Artesanía de Ourense, que se celebra na Rúa do Paseo ata o domingo 1 de maio

Óscar Gómez

Ourense | 28.04.2022 10:01

A Xunta destaca o valor engadido da marca Artesanía de Galicia
A Xunta destaca o valor engadido da marca Artesanía de Galicia | onda cero

O delegado territorial en Ourense, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a 25 edición da Feira de Artesanía de Ourense, organizada pola Asociación de Artesáns de Ourense, coa colaboración da Xunta. Na mostra, que se celebra ata o domingo 1 de maio, poderase atopar o traballo de 17 obradoiros da marca Artesanía de Galicia

especializados no traballo do coiro, da cerámica, da xoiería, dos arranxos ¥lorais, da bixutería, do téxtil e dos complementos de moda.

Feira de artesanía en Ourense
Feira de artesanía en Ourense | onda cero

Durante a visita, Gabriel Alén destacou o apoio da Xunta á comercialización do produto artesán galego, da divulgación dos nosos o¥icios artesanais e do valor engadido da marca Artesanía de Galicia. Os obradoiros que participan nesta 25 edición da Feira de Artesanía de Ourense son Suso Calo – Lobo Tolo (Moaña), Tu Coiro (Maceda), Amorei (Soutomaior), Bangus (Ourense), Silvereira (Ames), Chueco (A Coruña), Mario López (Vigo), La tienda de Geli (Cambre), Xakaranda (Marín), Noga Arts Joyería Artesanal (Santiago de Compostela), Mestura de Kores (Vigo), Paznavas (A Coruña), Taller Viola (Oza dos Ríos), Xabier Artesanal (Pereiro de Aguiar), Cerámica Ferreira (Vigo), Las flores de Greta (Gondomar) e Rosa Fraíz (Vilagarcía de Arousa).

A mostra está aberta na Rúa do Paseo de Ourense, en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.