Patrimonio

A Xunta abre o prazo para a solicitude de fondos para rehabilitacion do patrimonio

O delegado territorial subliñou que o fondo para financiar obras de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en municipios de menos de 50.000 habitantes conta cunha dotación de algo máis de 3 M€ da Consellería Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Onda Cero Ourense

Ourense |

A Xunta abre o prazo para a solicitude de fondos para rehabilitacion do patrimonio
A Xunta abre o prazo para a solicitude de fondos para rehabilitacion do patrimonio | Onda Cero

Manuel Pardo concretou que, no atinxe ao Fondo de Cooperación para financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes, está dotado con algo máis de 3 M€ para este ano. Trátase de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver no prazo máximo de 8 anos. Así mesmo, con cargo a este financiamento, os municipios poden acometer obras de conservación de inmobles da súa titularidade, adquirir outros novos para recuperalos ou mesmo urbanizar novos viarios previstos no planeamento municipal.

Por outra banda, o representante do Goberno galego explicou que o fondo de cooperación cos concellos para o financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción conta cunha dotación de máis de 8,6 M€ para este 2026, podendo acceder os concellos a préstamos sen xuros, a devolver tamén no prazo máximo de 8 anos. Nesta liña, subliñou que os municipios poderán destinar este financiamento á promoción de vivenda protexida de nova construción, directamente ou a través doutros promotores. Tamén poderán acometer actuacións de urbanización para acadar solo e crear parcelas para a edificación ou adquirir solo para construír inmobles protexidas.

Actuacións

A actuación que se desenvolveu nesta infraestrutura viaria tivo como obxectivos a optimización da accesibilidade, a mellora e ampliación das beirarrúas renovando todas as instalacións (iluminación pública, saneamento, abastecemento, comunicacións, baixa tensión, e gas), así como a organización do tráfico, mellorando as zonas de aparcamentos e limitando a velocidade nun vial que, coa posta en funcionamento da autovía AG-31, viu multiplicado a densidade do tráfico de vehículos nos últimos anos, e a mellora da estética da capitalidade do concello de Celanova.