Ourense Cidade

O PP solicita a creación dunha comisión, que elabore os Orzamentos 2021

O Partido Popular vén de solicitar por escrito ao actual alcalde de Ourense, que cree de inmediato unha comisión, na que estén integrados todos os grupos políticos, para traballar a prol da elaboración dos Orzamentos Municipais 2021.

Óscar Gómez

Ourense | 12.01.2021 13:38

O PP solicita a creación dunha comisión, que elabore os Orzamentos 2021
O PP solicita a creación dunha comisión, que elabore os Orzamentos 2021 | onda cero

Ante as preocupantes declaracións vertidas polo alcalde o pasado venres no Pleno, e recollidas días despois en diversos medios de comunicación, desde o Partido Popular acabamos de rexistrar unha petición moi concreta ao alcalde:

Que constitúa de inmediato unha comisión, integrada por todos os grupos políticos, para que se cree unha mesa de traballo, co apoio dos técnicos municipais, para a elaboración dos Orzamentos Municipais para 2021.

Nunha situación tan delicada como a actual, cun ano por diante que estará marcado pola pandemia de COVID, é máis necesario que nunca que o Concello de Ourense conte cuns Orzamentos Municipais actualizados e acordes á realidade, con necesidades sociais cada vez máis perentorias e onde a planificación e a previsión deben ser fundamentais para dar a resposta máis eficaz a quen máis o precisan.