Infraestructuras

Proba de carga no viaduto de San Benito

A proba de carga é un conxunto operacións de control preceptivo nas pontes antes da súa apertura ao tráfico

Óscar Gómez

Ourense | 10.07.2020 08:59

Proba de carga realizada no viaduto de San Benito da nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52.
Proba de carga realizada no viaduto de San Benito da nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52. | xunta de galicia

Proba de carga realizada no día de hoxe no viaduto de San Benito da nova conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52. A proba de carga é un conxunto operacións de control preceptivo nas pontes antes da súa apertura ao tráfico e ten por obxectivo comprobar a axeitada concepción, estabilidade e comportamento da estrutura.

O viaduto de San Benito está constituído por 11 vanos de lonxitudes iguais de 41 metros, cunha lonxitude total de 451 m. Está formado por un taboleiro de 13,30 m de ancho.

A proba de carga realízase cun tren de cargas formado por 4 camións de 4 eixes cun peso total, cargados, de 40 toneladas cada un.

Durante o proceso mídese a flecha (deformación) máxima producida pola carga, que debe ser inferior a 2 cm, e a recuperación ao seu estado orixinal. Efectúase este procedemento e a comprobación dos datos en cada un dos vanos do viaduto.