Ourense Cidade

Pecha a Sala do 091 da Policía Nacional e pasa esta atención telefónica a central de A Coruña

Os populares reuníronse recientemente cos representantes veciñais da cidade e con membros do Sindicato Unificado de Policía (SUP), onde quedou de manifesto que esta decisión repercutirá negativamente na atención policial, que ata o de agora fixábase en 3 minutos

Óscar Gómez

Ourense | 10.03.2021 08:06

O PP considera un erro gravísimo a supresión da Sala do 091 en Ourense
O PP considera un erro gravísimo a supresión da Sala do 091 en Ourense | La Voz de Galicia

O Goberno de Sánchez culmina o seu desprezo á veciñanza de Ourense, pechando a Sala do 091 da Policía Nacional e situando esta atención telefónica na central de A Coruña. O presidente local do PP, Jesús Vázquez, sinala que “estamos ante un erro gravísimo que nunca quixeron corrixir, aínda sabendo que a atención policial verase resentida”.

“Levamos un ano advertindo desta situación, con iniciativas no Senado, no Congreso e no propio Concello de Ourense, e de ningún xeito quixeron revertir unha decisión que será nefasta para atención policial máis inmediata, a telefónica mediante o 091”, sinala o senador e concelleiro Jesús Vázquez.

Os populares reuníronse recientemente cos representantes veciñais da cidade e con membros do Sindicato Unificado de Policía (SUP), onde quedou de manifesto que esta decisión repercutirá negativamente na atención policial, que ata o de agora fixábase en 3 minutos, segundo explicaron os representantes policiais.

“O Goberno de Sánchez debe explicar de inmediato o porqué dunha decisión tan irracional e carente de lóxica, castigando ás ciudades de Ourense e Lugo, que rexistraban unha media anual de 5.000 chamadas ao 091, xestionadas excelentemente polos operadores dun servizo que levaba 63 anos funcionando de xeito impecable”, recalca Jesús Vázquez.