Concello de Ourense

O parque de Reza contará cunha zona deportiva de adestramento de calistenia “street workout”

Os traballos contan cun orzamento de 44.499,31 euros, e suporán a remodelación integral desta zona de lecer do parque de Reza, incluíndose tamén equipos para persoas con diversidade funcional e acceso aos mesmos.

Óscar Gómez

Ourense | 25.10.2021 08:07

O parque de Reza contará cunha zona deportiva de adestramento de calistenia “street workout”
O parque de Reza contará cunha zona deportiva de adestramento de calistenia “street workout” | onda cero

O parque de Reza contará cunha zona deportiva de adestramento de calistenia street workout, cumprindo así coa solicitude vecinal para esta zona rural da cidade. Os traballos, que xa comezaron, contan cun orzamento de 44.499,31 euros, suporán a remodelación integral desta zona de lecer do parque de Reza. Ademáis, incluiranse equipos para persoas con diversidade funcional e acceso aos mesmos.

“Continuamos cumprindo os compromisos que adquirimos coas asociación veciñais de Ourense, poñendo en valor os diferentes parques da cidade para dar un mellor servizo ás familias ourensás. O noso obxectivo é acadar un Ourense máis verde, máis sostible e máis saudable para todos”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Pumar. O concelleiro de Medio Ambiente recalca tamén que “con esta obra, dotamos dun circuito integral de actividade na zona termal para a práctica de quecemento e estiramentos, tanto ao inicio ou o final do percorrido, dando así a posibilidade dun adestramento integral no mellor entorno posible da nosa cidade”.

Parque de Reza
Parque de Reza | onda cero

Esta actuación é a segunda que se pon en marcha dentro do Plan de Mellora de Parques Infantís que ten planificado o Concello de Ourense a través da Concellería de Medio Ambiente e que supón un investimento global de 8 millóns de euros para a mellora integral de 70 parques e zonas infantís de toda a cidade e o perímetro rural.

Esta nova zona de street workout está composta de postes de aceiro galvanizado lacado de 102 mm de diámetro con acabado en gris granito, cabezais e pezas de unión de aluminio pintado, tubos de aceiro inoxidable e taboleiros coloreados de HPL compacto de 13 mm de espesor.