Na reunión celebrada no Pazo Provincial, Doforno expúxolle a Baltar as liñas estratéxicas do novo proxecto para este club deportivo, “que significa contar con 1.200 rapaces da provincia de Ourense, con 77 monitores, a escola deportiva de fútbol de base máis importante de Galicia, pois nin clubs como o Celta ou o Deportivo contan cunha canteira como esta, e a Deputación de Ourense vai a estar aí, colaborando co orzamento referido á posta en marcha dun proxecto deportivo como este”, expresa Manuel Baltar.
O presidente do goberno provincial pon de relevo “a importancia que supón unha iniciativa destas características, polo que significa de aposta pola mocidade e polo deporte, dúas palabras que sempre se escribiron con letras maiúsculas na andaina da Deputación de Ourense”, comenta Baltar, quen agradece a Doforno que o fixera partícipe de todos os proxectos que prevé levar a cabo, e confirmou que a Deputación “estará nese 50º aniversario do Pavillón dos Remedios, unha entidade deportiva senlleira na nosa provincia, e recoñecemos o traballo de Francisco Doforno e do seu equipo, nos que destaca a vocación e o amor polo deporte, o que, sen dúbida, son os mellores argumentos para desenvolver unha xestión deportiva eficaz”, destaca Manuel Baltar.