Paternalia

Manuel Baltar pon en valor o modelo de planificación cultural de Ourense

Baltar valorou a importancia do traballo en rede, na liña do executado nas organizacións europeas que preside, como Partenalia

Óscar Gómez

Ourense | 04.05.2022 08:05

Manuel Baltar pon en valor o modelo de planificación cultural de Ourense
Manuel Baltar pon en valor o modelo de planificación cultural de Ourense | onda cero

Manuel Baltar remarcou a importancia desta xornada para “poñer en valor o modelo da Deputación de Ourense, o modelo da planificación, da programación, do Camiño de Santiago, o noso potencial termal, agora, sen dúbida, potenciado pola conexión co AVE coa capital do estado en pouco máis de dúas horas”. E resaltou o peso específico de Partenalia -“unha idea de éxito admirada en toda Europa e un punto importante na construción europea”- nun momento como este, de captación dos fondos Next Generation e do marco financeiro plurianual, no que esta rede europea ofrece unha “interlocución directa” coas altas institucións comunitarias.

Baltar valorou a importancia do traballo en rede, na liña do executado nas organizacións europeas que preside, como Partenalia, a European Historical Thermal Towns Association (EHTTA) ou a Confederación Europea de Poderes Locales Intermedios (CEPLI), da que é vicepresidente: “Estas xornadas son vitais para intercambiar experiencias, para aprender uns dos outros, para ver o que se está a facer en Europa, para comprobar a vangarda”.

Tamén sinalou como este encontro reivindica o traballo realizado en Ourense: “Aquí temos a capacidade de ver como desde Ourense estamos marcando un camiño interesante que é copiado noutros gobernos. Este é o momento de turismo, de patrimonio, arquitectura, cultura, e unha provincia como a nosa, a piques de implementar o programa de Destino Turístico Intelixente, é unha grandísima noticia compartir cos colegas europeos a nosa boa forma de gobernar”.

O presidente da Deputación de León destaca o liderado de Manuel Baltar en Partenalia

O presidente da Deputación de León, Eduardo Morán, recoñeceu na súa intervención ante os medios de comunicación o liderado de Manuel Baltar ao fronte de Partenalia: “Poñendo en valor as administracións locais e intermedias, liderando estas posicións en Europea, a través de proxectos comúns ou prantexando a necesidade de xestionar directamente os fondos comunitarios”.

Na primeira parte da xornada en Mansilla de las Mulas intercambiáronse boas prácticas vencelladas á promoción e xestión de lugares turísticos e os seus monumentos históricos -especialmente os que se atopan en zonas rurais- nun contexto de pospandemia no que o turismo sitúase como unha ferramenta imprescindible de recuperación económica.

O coordinador de Partenalia, Nicolas Reynès, disertou sobre o “Patrimonio monumental: unha oportunidade de desenrolo do turismo de proximidade. Dentro dunha xornada que combinou relatores presenciais e por videoconferencia interviron, entre outros, o mencionado Grzegorz P. Kubalski; o deputado de Cultura da Deputación de León, Pablo López; o presidente do distrito de Neamt (Rumanía), Ionel Arsene; o deputado provincial de Brabant-Wallon (Bélxica) Marc Bastin; o alcalde de Quart de Poblet e asesor de fondos europeos da Generalitat Valenciana, Bartolomé Nofuentes ou o presidente da provincia de Lucca (Italia), Luca Menesini.

A segunda parte do programa xirou arredor da “Promoción e visibilidade do patrimonio monumental no ámbito rural”, contando coa participación de expertos europeos no eido do turismo, a promoción do patrimonio monumental e o desenrolo rural. O programa da mañá completouse cun debate entre os participantes moderado por Reynès, xirando arredor da necesidade de aumentar o poder de atracción dos turistas e como blindar o máximo recoñecemento institucional e visibilidade da riqueza patrimonial dos territorios europeos, fondamente integrados na identidade comunitaria.