Atletismo

Jesús Corro campión galego de Trail Running na subespecialidade de montaña

O evento disputouse sobre un circuito que formaba una carreira longa e rápida de 13 quilómetros en subida constante.

Óscar Gómez

Ourense | 13.06.2023 08:48

Jesús Corro campión galego de Trail Running na subespecialidade de montaña
Jesús Corro campión galego de Trail Running na subespecialidade de montaña | onda cero

A atleta independente María Martínez cun rexistro de 1h.16:50 e Jesse Jesús Corro do Atletismo Arenteiro con 59:21, proclamáronse campións galegos absolutos de Trail Running na súa subespecialidade de carreiras de montaña na edición desenvolta este domingo no Concello de Esgos.

O evento disputouse sobre un circuito que formaba una carreira “longa e rápida de 13 quilómetros en subida constante, moi asequible a nivel popular donde se alternan distintas pendentes permitindo un correr rápido e sen dificultade” segundo o informe do responsable de Trail Running da Federación Galega Iván Sangiao.

Ademáis das gañadoras e gañadores, ocuparon posto de podio na categoría absoluta Soledad Castro con 1h.19:05 e Sofía Freaza con 1h.21:07 ambas do Comesaña Sporting Club. En homes igualmente, o subcampionato foi parar a Antonio Teijido do Ría de Foz con 1h.00.15 e o bronce a Pablo Camescasse do C.D.Delikia con 1h.01:50.

No resto de categorías as gañadoras galegas e galegos foron os seguintes:

Sub20. Valeria B. Guridi (S.D. Compostela)

Sub23. Pablo Camescasse do (C.D.Delikia)

Master35. Carla Trillo (Ría de Foz) e Antonio Teijido (Ría de Foz)

Máster40. Sofía Freaza (Comesaña S.C.) e Javier Paredes (Ourense At.)

Máster45. Oscar Guerra (Cambados Seguros Noval)

Máster50. Aurora González (Pinarium) e Roberto Salvado (S.D.Compostela)

Máster55. Sole Castro (Comesaña S.C.) e Jose María Levoso (Esprintes Ou.)

Máster60. Antonio Bermúdez (Noitebra)

Máster65. Manuel Suárez (Veteranos de Samil)