Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos servizos de emerxencia mobilizados, todo indica que a causa que provocou o incendio foi un curtocircuíto. Os feitos sucederon na Rúa de Coto Fental, na parroquia da Valenzá.
O 112 Galicia recibiu a alerta do incendio uns minutos despois das 22:30 horas da pasada noite, a través dunha persoa particular. Segundo indicaba, no momento en que se declarara o lume, ningunha persoa se atopaba no interior da vivenda. A partir de aí, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, do GES do Pereiro de Aguiar, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barbadás e da Garda Civil.