A segunda edición da Mobile Week Ourense pechouse cunha xornada marcada polo “Family Day” celebrado na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI), ademais dunha actividade de “geocaching” en Celanova. No Campus, o “Family Day” veu marcado polo obxectivo desta proposta: achegar as novas tecnoloxías aos nenos, ademais de implementar formación a pais e educadores. Baixo esta premisa, celebrouse unha Hora do Código -cunha programación que abrangue unha introdución ao deseño e impresión 3D, “Gamemakers: programando en Minecraft Education Edition”, e retos robóticos- ademais do Taller DigiCraft da Fundación Vodafone, un programa didáctico que ensina competencias dixitais aos nenos a través do xogo e a implementación, convidando neste caso a construír o seu propio visor de hologramas con forma de pirámide e utilizalo para visualizar vídeos en 3D desde unha tablet ou smartphone.
Ademais na ESEI tamén contou co contacontos “Ciberseguridade con Sofía”, no que os nenos asistentes acompañaron a Sofía na resolución das súas inquietudes para gozar da informática e da rede dunha maneira segura e identificar os perigos e riscos que poden darse nesta contorna dixital. En paralelo, o “Family Day” contou no Campus con actividades para pais e educadores: a presentación do estudo “Impacto da tecnoloxía na adolescencia” e as charlas “Uso educativo dos videoxogos”, “Adicción e videoxogos. Como evitar que o meu fillo arruíneme na tenda de videoxogos?” e “Educar a nuestr@s hij@s contra as fake news”.
Mentres, en Celanova celebrouse un roteiro de sendeirismo utilizando a app Geocaching para localizar os obxectos agochados pola zona. Durante o roteiro, guiado por un técnico deportivo, os asistentes visitaron o mosteiro de San Rosendo e o centro histórico de Celanova, a área recreativa do Cruceiro, o castro de Castromao, o centro histórico de Vilanova dos Infantes, o santuario da Virxe do Cristal e as casas de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro.
A Mobile Week Ourense celebrou máis de 70 actividades
A segunda edición da Mobile Week Ourense celebrouse entre o xoves e este domingo baixo a alianza da Deputación de Ourense e Mobile World Capital. Acolleu máis de 70 actividades nun amplo programa que incluíu talleres, charlas, conferencias, demostracións e formación para achegar a tecnoloxía, dun xeito accesible e amigable, a cinco tipos de públicos: infantil, mocidade, padres e educadores, sénior e profesionais.