Accidente mortal

Falece nun accidente de moto un garda civil destinado en Valdeorras

O suceso aconteceu na localidade lucense de Quiroga onde residía a vitima que bateu coa sua moto contra unha furgoneta

Jesús Álvarez

Ourense | 08.05.2024 10:24

Falece nun accidente de moto un garda civil destinado en Valdeorras
Falece nun accidente de moto un garda civil destinado en Valdeorras | El Progreso de Lugo

Un garda civil de 47 anos destinado no Barco de Valdeorras faleceu nun sinistro viario rexistrado na localidade lucense de Quiroga cando a vítima viaxaba nunha moto e colidiu contra unha furgoneta a altura do quilómetro 31 da estrada LU-933.

Ate o lugar desplazáronse equipos de urxencias sanitarias que, a pesar de tentar reanimar ao accidentado, non puideron facer nada para salvarlle a vida.

O falecido, anque residía en Quiroga, levaba tres anos destinado no cuartel do Barco de Valdeorras onde o suceso causou gran consternación.

As causas están en investigación