Julia en la Onda

As enfermeiras seguen en loita, entrevista con Nuria Gónzalez

Nuria González, de Enfermeiras en Loita, pasou polos micrófonos de Onda Cero para conversar con Julia Otero sobre a enquisa que reflicte que un 46% das enfermeiras pensaron en algún momento en abandonar a profesión durante a pandemia.

Óscar Gómez

Ourense | 09.02.2022 09:22

Nuria González, de Enfermeiras en Loita, pasou polos micrófonos de Onda Cero para conversar con Julia Otero sobre a enquisa que reflicte que un 46% das enfermeiras pensaron en algún momento en abandonar a profesión durante a pandemia e que 2/3 sofriron ou sofren episodios de ansiede. Nuria, que na sua carreira leva encadenados nada menos que 599 contratos temporais na Sanidade Pública galega, reclama ós Colexios Profesionais de Enfermeiría, en nome do colectivo que representa, que se poñan as pilas e, por outro lado, convida a reflexionar sobre o feito de que a nova Reforma Laboral aprobada no Congreso dos Deputados, deixa fora a empregados públicos como ela e as súas compañeiras ó estar acollidas ó Estatuto Básico do Emprego Público.