Ourense Cidade

Os días 11 e 12 de novembro “vai ser unha fin de semana máxica” na cidade

O alcalde asegura que a dos días 11 e 12 de novembro “vai ser unha fin de semana máxica” na cidade, ao coincidir os dous eventos. O sábado celebrarasé o magosto tradicional e música a cargo de Brañas Folk, a orquestra La Misión e unha sesión DJ. A carreira de San Martiño percorrerá as rúas da cidade o domingo.

Óscar Gómez

Ourense | 02.11.2023 16:35

Os días 11 e 12 de novembro “vai ser unha fin de semana máxica” na cidade
Os días 11 e 12 de novembro “vai ser unha fin de semana máxica” na cidade | onda cero

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, presentaron a programación de actividades organizadas polo Concello para celebrar, o sábado, 11 de novembro, a festa do Magosto 2023. O alcalde, o concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, e representantes das entidades colaboradoras presentaron a edición número 46 da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, que se desenvolverá ao día seguinte, o domingo, 12 de novembro. Magosto e Carreira Popular farán dos días 11 e 12 de novembro “unha fin de semana máxica na cidade”, asegurou o alcalde.

A programación do Magosto conta con estas citas para o sábado, 11:

12.00 h Ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos

18.00 h Magosto tradicional: Bolo preñado, auga ou viño por 1€ e castañas gratuítas, na Praza Maior e a Praza de Santa Eufemia

18.15 h Ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos

19.00 a 20.30 h Concerto de Brañas Folk cos convidados: Vanesa Muela e Manuel Souto, na Praza Maior

20:00 a 23:00 h Baile coa orquestra La Misión, na rúa do Progreso

23:00 a 02:00 h Sesión Dj na Praza de Santa Eufemia

Tamén dentro da programación do Magosto, o Concello organiza un concerto do barítono Mykyta Burtsev, e pianista o domingo, 12, ás 19.00 horas, no Liceo

Carreira popular do San Martiño

A edición número 46 da Carreira Pedestre Popular do San Martiño, organizada polo Consello Municipal de Deportes de Ourense, percorrerá as rúas da cidade o domingo día 12 de novembro de 2023. Xa hai máis de 8.000 persoas inscritas, e o prazo (para a proba absoluta de 10 quilómetros e para a carreira inclusiva) está aberto até o día 5.

Organiza a carreira o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, coa colaboración de CaixaBank, Pérez Rumbao, Viaqua, Gadis, Coca-Cola, aquaBona, Ecourense, Federación Galega de Atletismo, Deputación Provincial de Ourense e Xunta de Galicia. A carreira xa supera as 8.000 persoas inscritas

O percorrido da carreira absoluta, de 10 km e homologado pola Real Federación Española de Atletismo, discorrerá polas rúas da cidade: Saída da Ponte do Milenio, Avenida Xesús Pousa, Praza da Estación, Avenida das Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avenida de Portugal, Marcelo Macías, Avenida de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández-Oxea, Lugo, Padre Feijóo, Colón, Moratín, Bispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Avenida da Habana, Cardeal Quevedo, Avenida Rodríguez Castelao, Avenida Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avenida de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avenida de Santiago, Avenida das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

A carreira absoluta terá a súa saída ás 11.00 horas. A das categorías sub18, sub16 e sub14 (5 km.) será as 12.30 h, a das categorías sub12 e sub10 (1.4 km) será ás 13.20 h, e a carreira inclusiva (1.4 km) ás 13.30 h

Toda a información está dispoñible na páxina web do Concello: https://www.ourense.gal/gl/evento/carreira-pedestre-popular-san-martino-2023