Deportes

Convocada asamblea de socios da UD Ourense

A directiva da Unión Deportiva Ourense convocou a súa asamblea para o luns 5 de xullo

Onda Cero Ourense

Ourense | 28.06.2021 12:28

Convocada asamblea de socios da UD Ourense
Convocada asamblea de socios da UD Ourense | UD Ourense

O luns 5 de xullo de 2021 os socios da Unión Deportiva Ourense están convocados na bancada de preferencia ás 20:00 horas en primeira convocatoria e as 20:20 horas en segunda convocatoria.

A asamblea xeral extraodinaria ten os seguintes puntos na orde do día:

  • Análise de futuro e proxectos do clube
  • Rolda libre de intervencións

A asamblea celebrarase con todas as medidas de seguridade e hixiene que recomendan as autoridades sanitarias con motivo do COVID-19.

Os socios da UD Ourense poden enviar propostas (con 5 días naturais de antelación) ó correo electronico uniondeportivaourense@gmail.com para ser debatidas na asamblea.

Poderán acudir á asamblea os socios maiores de 16 anos que estén o corrente no pago das súas cotas. Un socio tamén poderá representar a outro coa autorización oportuna.