Ourense Cidade

O Concello abrirá os cemiterios ininterrompidamente polas celebracións de Todos os Santos e Fieis defuntos

Os cemiterios municipais de San Francisco, Santa Mariña e As Caldas estarán abertos ininterrompidamente de 9 a 19 horas para facilitar a visita de todas as persoas que queiran honrar os seus seres queridos durante as festividades de Todos os Santos e dos Fieis Defuntos.

Óscar Gómez

Ourense | 27.10.2023 11:12

O Concello abrirá os cemiterios ininterrompidamente polas celebracións de Todos os Santos e Fieis defuntos
O Concello abrirá os cemiterios ininterrompidamente polas celebracións de Todos os Santos e Fieis defuntos | Faro de Vigo

Así, aínda que habitualmente os camposantos municipais pechan a mediodía as fins de semana e os días festivos, non o farán nin o sábado 29 nin o domingo 30 de outubro nin o mércores, 1, nin o xoves, 2 de novembro, datas nas que se prevé unha grande afluencia de visitantes.

Servizos especiais de autobuses.

A empresa concesionaria Urbanos de Ourense, activa desde mañá, 29, até o 1 de novembro servizos especiais de reforzo. Serán dous autobuses. un desde O Vinteún (Sexto Instituto) até o cemiterio de Santa Mariña e outro desde a antiga estación de autobuses até o cemiterio de Santa Mariña con parada no cemiterio de San Francisco.

Especial 1. O Vinteún (Sexto instituto) - Cemiterio

Con saídas desde O Vinteún (Sexto instituto) ás 09.15, 10.35, 12.10, 15.30 e 17.20 horas, e desde o cemiterio ás 9.55, 11.25, 12.55, 16.40 e 18.00 h

Especial 2. Estación de autobús antiga – Cemiterio;

Con saídas desde a estación de autobús antiga ás 9.55, 11.25, 12.55, 16.40 e 18.10h, e desde o cemiterio ás 10.40, 12.10, 13.40, 17.20 e 19.00 horas

Cultos especiais.

Os actos litúrxicos que se desenvolverán nestas datas nos cemiterios municipais serán:

Cemiterio de Santa Mariña: Mércores, 1, e xoves, 2: Misa ás 13.00 h

Cemiterio das Caldas. Mércores, 1: 16.00 h: Celebración da Palabra

Cemiterio de San Francisco. Mércores, 1, 17.30: Celebración da Palabra