VOTA - Temporada do COB

Comenza a liga para o COB. ¿Rematará en ascenso?

O sábado 9 de outubro o COB volve a competición frente a Melilla a partir das 19:00 no Paco Paz

Onda Cero Ourense

Ourense | 07.10.2021 10:58

Comenza a liga para o COB. ¿Rematará en ascenso?
Comenza a liga para o COB. ¿Rematará en ascenso? | RRSS Club Ourense Baloncesto

Club Ourense Baloncesto volve ás canchas o sábado 9 de outubro a partir das 19.00 horas no Paco Paz frente ó Melilla.

Obxectivo de Club Ourense Baloncesto

Ascenso, podemos poñelo en maiúsculas, negrilla, cursiva ou cómo queiramos porque ése, a volta á Leb Ouro é o obxectivo claro que se marcou o club desde a directiva, equipo e afición pero non vai ser sinxelo.

Club Ourense Baloncesto ten un equipo prácticamente novo que terá que adaptarse, ademáis, a unha categoría que descoñece.

Directiva

Camilo Álvarez continúa cómo presidente á espera de que o Grupo Hereda entre dunha forma definitiva (na práctica xa o está) o frente do club. Pedro Fernández é o propietario do Grupo Hereda e non dubidou en ningún momento en marcarse o reto da ACB (lugar onde ten que estar o COB según as súas verbas) pero para eso é imprescindible a transición primeiro por Leb Prata e despois por ouro. Non lle asusta para nada o camiño, ou eso parece.

Equipo

O Club Ourense Baloncesto desta temporada presenta novas caras en todos os seus ámbitos.

Sergio Pérez é o novo director deportivo. O ex xogador do COB foi o encargado de formar unha plantilla practicamente nova.

Armando Gómez é o novo adestrador que sustitue a unha referencia do cobismo, Gonzalo García de Vitoria

A plantilla é practicamente nova para afrontar a tempada do regreso á LEB OURO.

Sistema de Competición

A Leb Prata deste ano divídese en dous grupos de 14 equipos. O remate da tempada ascenden 3 equipos a Leb Ouro

Primeira Fase

Xogan todos contra todos en cada grupo para facer un total de 26 xornadas. O final da fase establecese unha clasificación do 1º o 14 º según o sistema tradicional de victorias e derrotas.

Fase de ascenso

Na fase de ascenso participan do primeiro ó oitavo de cada grupo con unha dobre oportunidade para os campións da primeira fase:

  • Os campións de cada grupo xogan unha eliminatoria entre si do que o gañador ascende directamente á Leb Ouro
  • O perdedor da eliminatoria dos campeóns e os clasificados na primeira fase entre os postos segundo e oitavo loitarán en sistema de eliminatorias por outras dúas prazas de ascenso

Todas as eliminatorias celebraranse a ida e volta con ventaxa de campo para o equipo mellor clasificado na fase regular.

E vós ¿que pensades? ¿Ascenderá o COB?

VOTA - ¿Ascenderá ó COB esta tempada?

  1. 1

    O COB ascende seguro

    COB ascende seguro

  2. 2

    O COB estará na pelea do ascenso ata o final

    O COB estará na pelea ata o final

  3. 3

    O COB lonxe do ascenso

    O COB lonxe do ascenso