Futbol Gaélico

7ª Xornada 2ª División Liga Galega de Fútbol Gaélico masculino

O equipo masculino xogará o vindeiro domingo ás 16:15 h no Campo da Universidade contra o equipo vigués Keltoi Estibadores. Agárdase un partido interesante e moi desputado, coma sempre son contra este combinado de Pontevedra.

Óscar Gómez

Ourense | 19.01.2023 11:50

7ª Xornada 2ª División Liga Galega de Fútbol Gaélico masculino
7ª Xornada 2ª División Liga Galega de Fútbol Gaélico masculino | onda cero

II Torneo internacional de fútbol gaélico feminino "Terras de Trazo"

Na segunda edición deste campionato internacional daranse cita equipos tanto do noso país coma de fóra así contaranse ca presencia das irlandesas de Kilmaud Crokes e as madrileñas Madrid Harps GAA enfrontaranse aos conxuntos galegos femininos de A Coruña Fillos de Breogán , Auriense Campus da Auga F.G. , Independiente F.C. , Turonia GFG e o combinado de Irmandinhos A Estrada e Herdeirxs De Dhais F.G.; ademais das anfitrioas, o conxunto santiagués Estrela Vermelha F.G.

O torneo disputarasa no campo de fútbol Augasantas de Chaián no concello coruñes de Trazo. A competición será levada a cabo no día sábado 21 de xaneiro de 10:00 a 19:00 h. Este evento é organizado polo clube de fútbol gaélico Estrela Vermelha F.G. e colabora o concello de Trazo.