Trece expositores ourensáns participan en Madrid, no IFEMA, no Salón Gourmets 2024, ó través do Inorde, e ata o venres 25 de abril. De tal xeito promocionan a provincia de Ourense como destiño enogastronómico de calidade. Xunto a estas pequenas empresas están tamén presentes os Consellos Reguladores de Denominación de Orixe Monterrei e Valdeorras.
do 22 ao 25 de abril en IFEMA
A presencia ourensá compleméntase con un taller degustación organizado en colaboración con 'Cociña Ourense' que exhibe a cociña de raíz empregando productos locais das firmas participantes e sendo os cociñeiros Alberto Fernández, Samuel Moreno, Gerson Iglesias, Marco Varela e Begoña Vázquez, recentemente elexida cociñeira galega do ano.
Xunto ós Consellos Reguladores están presentes neste Salón as adegas Celme (Ribeiro), Bioca (Valdeorras), Montebello Partners (Ourense) e Siha (Leiro). Tamén están presente Vinagres do Ribeiro, a Mel Aialma, La Central Heladera, Burgano Delicatessen, os queixos de Gaia, as conservas e patés gourmet de Mareterra e os embutidos artesanais de porco celta de Cienporcel.