Lumes

O lume máis importante de Ourense no que vai de ano en Vilardevós

Máis de 500 hectáreas ardidas

Paco Sarria

Ourense |

O lume máis importante de Ourense no que vai de ano en Vilardevós
O lume máis importante de Ourense no que vai de ano en Vilardevós | Paco Sarria

Estabilizado o incendio forestal no concello de Vilardevós, na parroquia de Terroso e desactivada a situación 2 e que fora activada pola proximidade das lapas ás poboacións de Dona Eliva e Enxames, segundo a última información do 085.

Trátase do lume máis importante dos ocorridos ata o momento na provincia de Ourense con 570 hecáreas calcinadas.

Actúan sobre o terreo, un conxunto de 4 técnicos, 33 axentes, 43 brigadas, 32 motobombas, 6 pas, 10 helicópteros e 10 avións, e a Xunta solicitou a incorporación da UME.

Todo apunta a que foi provocado.

Outro lume afecta á parroquia de Rebodechao no Concello de Vilar de Barrio e permañece estabilizado afectando a unha superficie de 20 hectáreas.